Iván Prieto. Manda narices

Collage

53,5x33cm

350 €

Licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, Iván Prieto vive e traballa en Berlín dende o inicio do 2012. A súa carreira inclúe o Premio Joven da Universidade Complutense de Madrid e o 1º Premio Galiza Crea. Ademais, podemos atopar o seu traballo en coleccións destacadas como a Fundación Granell en Santiago de Compostela, a Casa de Galicia en Madrid ou o Colexio de España en París. Tamén participou en diferentes feiras como Art Lisboa, Estampa, Arte Santander e Art Madrid, entre outras. Os seus personaxes expresionistas, inquietantes e mudos, adoitan estar integrados nunha escena coidadosa, un aspecto que delata o gusto do artista polo cine e o teatro.

Galería Federica no era Tonta
Rúa do Vilar nº48
galeria@federicanoeratonta.com · 609 822 441
www.federicanoeratonta.com

Xeneral Pardiñas, 35