A ARTE CONTEMPORÁNEA VOLVE AOS ESCAPARATES
DE SANTIAGO CENTRO ESTA PRIMAVERA DA MAN DE PASEARTE

Os comercios do Ensanche de Compostela volverán lucir esta primavera coas pinturas, esculturas, fotografías e intervencións de PASEARTE, a Mostra de Arte Contemporánea nos escaparates do Ensanche de Santiago, que comezará o día 1 de abril. O Centro Comercial Aberto do Ensanche recupera deste xeito unha das súas iniciativas máis atractivas, esta vez en primavera, integrando as creacións de artistas das galerías locais Trinta, Metro, Luisa Pita e Nordés nas vidreiras dos establecementos da zona nova.