ACTIVIDADES

PASEARTE nace froito das sinerxías entre as galerías de arte máis senlleiras e o mellor comercio da cidade, xunto coa inestimable colaboración das institucións públicas, para achegar a arte contemporánea aos veciños e visitantes mentres pasean ou fan as súas compras polas rúas do Ensanche compostelán.
Esta cuarta edición faise coincidir co inicio da primavera e da nova tempada do comercio, para poder gozar dunha extraordinaria exposición de arte en máis de corenta escaparates, coa presenza doutros tantos recoñecidos artistas, de intervencións en vivo nas cristaleiras e de obradoiros de arte para compartir en familia a experiencia da creación artística.

 

OBRADOIROS DE ARTE PARA FAMILIAS

Impartidos por recoñecidos artistas.
LUGAR: Carpa da Arte_Praza Roxa
Actividades de balde. Materiais incluidos.
Aberto ata completar aforo.

Data: Sábado 2 de abril
Hora: de 12 a 14 h
Artista: LÚA GÁNDARA
Prazas: 15

Data: Sábado 9 de abril
Hora: de 12 a 14 h
Artista: DAVID PLANAS
Prazas: 15

Data: Sábado 23 de abril
Hora: de 12 a 14 h
Artista: MAR RAMÓN SORIANO
Prazas: 15

Data: Sábado 30 de abril
Hora: de 12 a 14 h
Artista: XURXO MARTIÑO
Prazas: 15

 

EXPOSICIÓNS NAS GALERÍAS DE ARTE

Galería LUISA PITA
JUAN ADRIO
Ata o 29 de abril de 2022
De L a V_ de 17 a 20,30 h
www.luisapita.com

Galería TRINTA
DANIEL VERBIS
Ata o 20 de maio de 2022
De L a V_ de 12,30 a 14,30 h / de 17,30 a 21 h
www.trinta.net

Galería NORDÉS
FUENTESAL & ARENILLAS
Ata o 10 de xuño de 2022
De L a V_ de 12 a 19 h
www.galerianordes.com

Galería METRO
PEDRO MUIÑO
Ata o 30 de abril de 2022
De L a V_ de 12 a 14 h / de 17 a 20,30 h
www.galeriametro.com

 

VISITAS GUIADAS

Disfruta dun percorrido guiado pola exposición de arte nos escaparates.

Datas; Mércores 6, 20 e 27 de abril ás 19 h
Venres 8, 22 e 29 de abril ás 12 h
Duración aproximada: 1 hora
Saídas: Galería METRO. Xeneral Pardiñas, 12-16
Inscrición previa en pasearte@santiagocentro.gal ou chamando ao 649 610 287!
Horarios especiais para grupos: concertar con anterioridade.

 

IMOS DE GALERÍAS

Visita guiada ás galerías de arte da cidade.

Data: Venres 22 de abril ás 18 h.
Duración aproximada: 2 horas.
Percorrido: Galería NORDÉS, Galería TRINTA, Galería LUISA PITA e Galería METRO.
Inscrición previa en pasearte@santiagocentro.gal ou chamando ao 649 610 287