Olmo Blanco
Intervención artística na cristaleira

Pablo Barreiro
S./T.
Series Columnas e Empilhamentos
Rakú, Gres, porcelana
2012_2018

Olmo Blanco (Santiago de Compostela, 1982) é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e co-director do FAC Peregrina, espazo de proxectos artísticos autoxestionados. O seu traballo está baseado no concepto «instalodecoración», un termo acuñado por el e que se refire á versión pobre de luxosas decoracións. Nun traballo laborioso de traballo baseado na repetición de códigos ornamentais, o debuxo desenvólvese no espazo e fai referencia a esquemas decorativos de tipo xeométrico, relacionados coas decoracións clásicas, e reflexiona sobre cuestións como a asimilación de influencias externas, a pobreza ou o falso luxo, a artesanía e a arte, a versión e o orixinal ou o pasado e o presente. Hai que destacar as súa instalodecoracións en paredes, chans, obxectos de uso cotián ou residuos ou debuxos sobre po.

Galería Metro
Xeneral Pardiñas, 12-16, Local 14
info@galeriametro.com 649 610 287
www.galeriametro.com

Pablo Barreiro (Meaño, Pontevedra, 1982) é o creador dun traballo escultórico persoal realizado en cerámica, que parte de formas do pasado para resignificalas. A través da creación de composicións como collage de elementos en serie, emprende unha busca de reinterpretación dos procesos de fabricación e de formas en desuso de determinadas pezas estruturais, obxectos cotiáns ou decorativos que leva como modelo. O seu interese por explorar o proceso a través de materiais lévaa moitas veces a atopar no erro un achado en si mesmo, un punto de partida para experimentar e conceptualizar novas obras nas que este se incorpora como parte fundamental o traballo. Do mesmo xeito, o concepto de reproducibilidade, a zona de conflito entre o orixinal e a copia e outros termos antagónicos ligados ao feito escultórico son constantes do seu traballo. Malia a serialidade dos elementos que compoñen as súas esculturas, cada un deles está concibido como unha peza única, un aspecto que está reforzado por un carácter próximo ao artesanal.

Galería Nordés
Rúa Algalia de Abaixo 39, baixo
info@galerianordes.com
881 126 446 / 658 044 711
www.galerianordes.com

Rúa Xeneral Pardiñas, 7