Julio Bauzá
Xeometrías cromáticas
100 cubos de 3 cm / u
81 X 81 cm
2018
Julio Bauzá (Montevideo 1936) Do mesmo xeito que Malévich e os suprematistas rusos -cos cales o artista uruguaio cultiva unha fecunda proximidade- a obra de Bauzá suxire un cosmos. E seguindo a consígna dos artistas constructivistas, para os cales o compoñente fundamental da creación é a imaxinación, Bauzá confía no poder evocador da síntese. Así un paxaro é representable na forma dunha elipse e dous triángulos poden encarnar a unha parella de amantes.
Ademais do seu traballo como pintor e escultor, Julio Bauzá ten unha dilatada traxectoria como arquitecto, disciplina na que se doutorou en Uruguai en 1974, para trasladarse un ano despois a Francia co obxectivo de profundizar nos estudos de Arqueoloxía, na Universidade de Aix.
Galería Luisa Pita
Calle Cardenal Payá, 9
galeria@luisapita.com 625 342 065
www.luisapita.com
Rúa República Arxentina, 9