Suso Basterrechea

Política internacional cosa de tallas. Técnica mixta sobre papel. 112x76cm. 2022

Nado en Ferrol en 1968 e licenciado en Belas Artes pola Universidade de Sevilla. “Non é doado determinar os diferentes aspectos íntimos, sociais ou plásticos que determinan o aspecto actual da miña obra. O que podo dicir é que é un proceso lento, onde en xeral cabe sinalar que a intención de facer “arte” foi substituída ou complementada pola necesidade de atopar ferramentas, instrumentos eficaces, para responder, sempre abertos, a as distintas cuestións ou situacións nas que me sitúa en cada momento a miña poliédrica vida. Debuxo, escultura, activismo social, vídeo, escenografía, deseño, textos, carteis, xestión cultural… son algunhas das moitas inquietudes ou etapas que conforman o meu traballo. Variedade de formas que comparten o interese polo compromiso co contexto actual así como o gusto por relacionarse co espazo físico no que actúan en cada momento. A instalación é polo tanto, en calquera das variedades técnicas desenvolvidas, a forma de actuación máis utilizada”. – Suso Basterrechea

Galería Metro
Xeneral Pardiñas, 12-16, Local 14
info@galeriametro.com
649 610 287
www.galeriametro.com

Visita a obra en: Rúa do Hórreo, 5