Javier Cabo

Muller con peixe. Collage de restos. 85×66 cm. 2022

Se ben en cada unha das súas obras pode haber unha referencia ao cotián, Javier Cabo (Santiago de Compostela 19609 é sobre todo un pintor e o seu interese vai máis aló das intencións narrativas da súa obra. Profesor titular do Departamento de Didáctica da Plástica da Universidade de Santiago de Compostela, licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Historia da Arte Moderna pola Universidade de Santiago, aprópiase do que lle suxire a contorna para acadar obxectivos puramente plásticos e representativos na procura dunha verdade que só pode existir na construción pictórica, a través da linguaxe da forma e da cor. Sobre xutes e arpillera, montados en táboas ou materiais reciclados, comeza o traballo do obradoiro; liñas e trazos, materia, cor coidadosamente traballadas con pigmentos, planos imposibles, perspectivas alteradas, texturas e formas,… encaixa e forma a imaxe desexada, a través da cal tenta reflectir ou desentrañar a súa visión da realidade na que estamos inmersos.

Galería Metro
Xeneral Pardiñas, 12-16, Local 14
info@galeriametro.com
649 610 287
www.galeriametro.com

Visita a obra en: Doutor Teixeiro, 22