Chema Madoz

S/T. Fotografía B/N. 23,5×31,5 cm. 2002

Chema Madoz (Madrid 1958) é un dos fotógrafos españois máis singulares, cun estilo único e persoal, que desenvolve dende hai máis de corenta anos. As súas fotografías son bodegóns de obxectos cotiáns, modificados ou creados por el mesmo, que logo fotografia con luz natural. Todo o seu traballo baséase no xogo visual que estes obxectos aparentemente cotiáns xogan coa nosa memoria visual, creando unha fricción cognitiva que sempre remata nun sorriso. Madoz é gañador do Premio Nacional de Fotografía e un dos autores españois de maior proxección internacional, grazas á súa linguaxe fotográfica próxima e accesible, sumada a un coidado inconfundible da luz e dos materiais que utiliza.

Galería Trinta
Rúa Virxe da Cerca, 24
15703 Santiago de Compostela
trinta@trinta.net
www.trinta.net

Visita a obra en: Xeneral Pardiñas, 30