Sandra Carvalho

Serie Suplementos. Acuarela sobre papel. 68 cm diámetro. 2021

Sandra Carvalho (Sesimbra, Portugal 1972) reside en Sevilla onde se licenciou en Belas Artes pola Universidade de Sevilla coa especialidade de Gravado e Deseño. O seu currículo compleméntase cos estudos de Debuxo Publicitario, Gravado Intaglio e Deseño Gráfico. Participou en numerosas exposicións individuais e colectivas, publicacións, bolsas, certames e intervencións artísticas. A obra de Sandra Carvalho é unha homenaxe ás artes plásticas dende a sinxeleza e modestia dos materiais empregados. Sendo o gravado a súa especialidade, plantexa as súas obras a través do debuxo con exquisito coidado na selección dos elementos empregados; o papel e as tintas son o soporte da obra e a natureza o seu fío condutor. Papeis dobrados e vellos, de hemerotecas, libros, xornais ou cadernos, que son a pegada visible doutros tempos e que recollen testemuños doutros tempos.

María Ortega Estepa

Brisas en el Invernadero. Litografía a unha tinta intervida con lápis e verniz. 100 x 70 cm. 2009

María Ortega Estepa (Córdoba, 1983) vive e traballa en Sevilla. Completa a súa formación na Academia di Belle Arti di Brera de Milán. O seu traballo está moi ligado ao ámbito social, traballando coa arte na rúa dende 2008, ano no que tivo contacto co Pobo Saharauí a través da súa primeira intervención mural nun contexto de conflito político. A partir dese momento a súa actividade non se limita a un soporte ou lugar concreto, xa que desenvolve o seu traballo tanto no ámbito público como no privado.

Na actualidade realiza murais de intervención comunitaria en diversos contextos: Conflito político (campos de refuxiados do Sáhara Occidental), hospital (UCI de adultos, Oncoloxía e Reanimación), barrios periféricos e numerosos centros educativos por todo o panorama español. Coordina o obradoiro de Belas Artes da Fundación Alalá (Polígono Sur. Sevilla), así como as actividades educativas do Programa INICIARTE da Junta de Andalucía.

Galería Luisa Pita
Calle Cardenal Payá, 9
galeria@luisapita.com
625 342 065
www.luisapita.com

Visita a obra en: Alfredo Brañas, 6