Din Matamoro

S/T. Acrílico sobre tea. 163×135 cm. 2020

Din Matamoro (Vigo, 1958) estudou na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid, onde se licenciou na rama de Pintura e Gravado. Comezou a expoñer moi novo, en 1984, na sala Caixavigo de Vilagarcía de Arousa. Incorpórase ao grupo Atlántica en 1985. Realizou exposicións individuais e colectivas en numerosas cidades de España e de toda Europa, especialmente en Italia. Na primeira metade dos anos 80 chamou a atención sobre a facilidade dos seus debuxos, dominados por un carácter expresivo e un marcado sentido do ritmo. Despois viñeron imaxes onde se recollía materia a partir de multitude de elementos, creados en diferentes capas superpostas. As estadías en Nova York e Roma introduciron novos conceptos: unha visión irónica da súa profesión, unha valoración do fragmentario e das iconas próximas ao cómic ou ao graffiti.

Óptica Val (P. Roxa)

Galería Trinta
trinta@trinta.net
www.trinta.net

Visita a obra en: Praza Roxa, 8