Sebas Anxo

S/T. Mixta papel. 68×98 cm. 2021

Sebas Anxo (A Modia, Cambados, 1971) é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Realizou as súas primeiras exposicións en 1992. Expón habitualmente as súas obras en diferentes galerías de Galicia e Portugal como Galería Metro, Clérigos, Dua2 ou Espacio48. Son numerosas as exposicións individuais e colectivas nas que participou por todo o territorio galego e fóra dela. A súa obra adoita construírse coa técnica do collage como medio esencial de expresión, complementándose coa pintura, o debuxo e outras técnicas que converten a súa obra nunha interesante combinación de técnicas mixtas. O artista, na súa constante indagación nas formas, afonda cada vez máis na paulatina transformación que sofren os personaxes, na modulación da cor e das texturas que aparecen e desaparecen no soporte, entre as distintas capas de papel. Os cadros de Sebas Anxo van máis alá do eclecticismo indiscriminado para ser o reflexo da explosión de posibilidades da realidade. A pintura é unha idea reguladora na loita desesperada pola transformación, -un leitmotiv que atopamos ao longo de toda a súa carreira artística co fin último de acadar a liberdade e a felicidade.

Galería Metro
Xeneral Pardiñas, 12-16, Local 14
info@galeriametro.com 649 610 287
www.galeriametro.com

Visita a obra en: República Arxentina, 28