Rosendo Cid
Las líneas paralelas nunca se encuentran
Collage
24×24 cm/u
2016

Dende os seus inicios Rosendo Cid (Ourense, 1974) traballa indistintamente en escultura, fotografía, collage, debuxo ou práctica textual, combinándoas en moitas das súas exposicións e proxectos cos que as súas narrativas varían entre as máis poéticas ou as máis críticas ou aqueles que reflexionan sobre o proceso artístico ou a idea do esbozo. O seu método de traballo nútrese con probas constantes, como se fose un diario do cal xurden algunhas das súas series, que sempre mantén abertas. O seu traballo fala de que cada obxecto ou imaxe é capaz de transformarse nunha outra realidade, mostrando as diferentes formas de entender, de ser e de situarse ante o mundo e ante a arte.

Galería Nordés
Rúa Algalia de Abaixo 39, baixo
info@galerianordes.com
881 126 446 / 658 044 711
www.galerianordes.com

Xeneral Pardiñas, 31