Tamara Arroyo
Serie Xeometrías cotidianas
Debuxo de lápices de colores sobre papel
32’5×23’5 cm. c/u
2015

Sebas Anxo
Ensamblaxes
Madeira e acrílico
25×25 cm
2018_2019

Tamara Arroyo (Madrid, 1972) reside e traballa en Madrid, onde se licenciou en Belas Artes pola Universidade Complutense. Esta artista compaxina a súa carreira artística coa docencia, impartindo talleres e clases en distintas escolas. O seu traballo móvese entre o debuxo, a fotografía, as site specific e incluso co vídeo. Na súa obra reflexiona sobre a influenza do entorno e a arquitectura nas nosas vidas, creando debuxos e esculturas que se inspiran en elementos construtivos e ornamentais. Trátase dunha expresión autobiográfica e vivencial a través da interpretación do espazo que lle rodea dende a memoria e a imaxinación.

Galería Nordés
Rúa Algalia de Abaixo 39, baixo
info@galerianordes.com
881 126 446 / 658 044 711
www.galerianordes.com

SEBAS ANXO (Cambados, Pontevedra, 1971). Artista cuxa traxectoria coherente levoulle a un lugar destacado entre os  jovenes pintores galegos. Cursou a carreira de Belas Artes, na modalidade de pintura, na Facultade de Pontevedra, na que se licenciou en 1996. Posteriormente, en 1998, asistiu ao taller Pablo Ruiz Picasso que anualmente convoca Unión Fenosa, na edición dirixida polo gran artista José Hernández. Gozou da bolsa Valverde, do Barco de Valdeorras, en 1999; foi seleccionado para Novos Valores, na Bienal da Deputación de Pontevedra e participou en certames como o de pintura Malvar, a partir de 1992 e ata o 2000; o  concello de Cambre, en 1997 e 1999, e os do convento  do Carme e  concello de Cangas no 2000. En 1999 foi premiado no certame  Eixo  Alántico e no de Pintura Rápida  Encontro de  Outono, de Compostela.

Galería Metro
Xeneral Pardiñas, 12-16, Local 14
info@galeriametro.com 649 610 287
www.galeriametro.com

Rúa Doutor Teixeiro, 10