Pedro Muiño
Os sons do matemático III
120×120 cm
PEDRO MUIÑO (Irixoa, A Coruña, 1954). Membro fundador do grupo coruñés Gruporzán, comezou a expoñer moi novo, en 1970, nas mostras colectivas da Praza da Princesa de Vigo, auspiciadas polo Concello da cidade, e no Círculo Mercantil da mesma urbe, de modo individual, A Coruña e Ferrol coñecen a súa obra ao longo de toda a década, ata os oitenta. Tamén acode á Bienal de Pontevedra, en 1987. Outras colectivas levan a súa pintura por diferentes cidades de España e chega a Lorient, Francia. Dedica atención ao gravado e participa no curso internacional que se celebra en Betanzos, en 1985, dirixido por Núñez. En 1989 foi premiado no Certame Isaac Díaz Pardo, organizado polo Concello da Coruña. Ese mesmo ano é seleccionado na I Mostra Unión Fenosa. Muiño iníciase nun postimpresionismo vinculable aos modos de Colmeiro, para derivar cara a unha composición complexa de vagas tendencias surrealistas e reminiscencias prerrafaelistas, ata chegar á abstracción sinóptica, con referencias formais de signo onírico.
Galería Metro
Xeneral Pardiñas, 12-16, Local 14
info@galeriametro.com 649 610 287
www.galeriametro.com
Rodríguez Carracido, 9