Xosé Freixanes

Arabescos. Óleo sobre lenzo. 162×130 cm. 2011

José Freixanes (Pontevedra 1953) vive o ámbito artístico desde a súa infancia. Estudou na Facultade de Belas Artes de Bilbao e posteriormente en Madrid, cidade onde estableceu a súa residencia a mediados dos anos 80. A súa formación complementarase con numerosas viaxes a Europa, África e a India. Incorpórase a Atlántica, e participa en exposicións en Baiona, Santiago e Madrid, onde se dá a coñecer. A súa linguaxe artística persoal de alto contido conceptual móvese entre a abstracción e a figuración marcada por un carácter antropolóxico e primitivista, no que a viaxe, a memoria e a historia xogan un papel primordial. Nos seus inicios, a influencia expresionista destaca nunha pintura moi material e de figuración abigarrada. A partir dos anos 80 evoluciona cara ao onírico e ao simbólico; déixase seducir polo fauvismo con cores vibrantes e luminosas e unha pincelada líquida e dilatada. A principios dos anos 90, as súas obras revelan ese “nomadismo evasivo” —en palabras do propio Freixanes— que invita ao espectador a emprender a súa propia viaxe; Son pezas que son froito dun proceso de depuración formal e cromática con tons neutros. En 1995 descobre a súa paixón pola India que se plasmará na súa produción. Nos últimos tempos foi incorporando á súa obra materiais perecedoiros; incorpora o efémero ao seu discurso artístico.

Nobel Muebles

Galería Trinta
15703 Santiago de Compostela
www.trinta.net

Visita a obra en: Rúa da Rosa, 23