Luisa Pastor

Escritura a tres voces. Deconstrucción de tres libros de contabilidade antigos. 144x114x4 cm. 2021

Actualmente Luisa Pastor (Alacante, 1977) vive e traballa na Cidade de México, onde ten unha bolsa de investigación no Instituto de Investigación Artística da Universidad Autónoma de México (UNAM) baixo a tutela de Cuauhtémoc Medina. Doutora de Belas Artes, o seu traballo artístico, contra o organicidade do traballo tradicional, recupera a capacidade poética e política dos fragmentos, grazas a un cuestionamento crítico do poder denotativo da linguaxe a través dun proceso de montaxe complexa, demostra os límites internos do xogo de representación, que sempre é insuficiente. Deste xeito, constrúe universos de ficción que, desde o humor e a ironía, invitan a unha reflexión máis profunda sobre os cadros de referencia que estruturan a realidade material do mundo contemporáneo. Na súa obra utiliza antigos cadernos de contabilidade, como o material principal, cuxas follas traballa con precisión e minuciosidade e cuxos títulos non deixan indiferentes. Nos seus primeiros traballos utilizaba follas de contas como soporte das súas colaxes, e evolucionou para a deconstrución do propio libro, que xa non é de apoio, senón o propio material da peza, que adquire cada vez maior volume, rozando en ocasións o escultórico.

Galería Nordés
Rúa Algalia de Abaixo 39, baixo
nfo@galerianordes.com
881 126 446 / 658 044 711
www.galerianordes.com

Visita a obra en: Xeneral Pardiñas, 31