Pierre Louis Geldenhuys

Hexágonos en movimiento II. Teselación, seda salvaxe tornasolada e caixa de luz. 50×50 cm. 2019

Pierre Louis Geldenhuys (Sudáfrica, 1971) sorprende coas súas pezas de papiroflexia téxtil sobre caixas de luz, coa “teselación” como elemento clave para o desenvolvemento das súas obras.

A teselación é unha técnica na que se utiliza un patrón repetitivo de figuras xeométricas dispostas continuamente e sen espazos entre elas. Traballando primeiro en papel e despois en tecidos de seda, o artista utiliza as figuras xeométricas do triángulo equilátero, do cadrado, do hexágono regular e mesmo do círculo, para crear e configurar obras de origami téxtil que parecen imposibles de executar pola súa gran complexidade. . .

Pierre Louis Geldenhuys constrúe unha perfecta harmonía de volumes en cada pregamento das sedas naturais ou iridiscentes coas que traballa, e o uso da fibra óptica permítelle transmitir ese efecto de raios X que caracteriza as súas obras encapsuladas en caixas de luz.

Galería Luisa Pita
Calle Cardenal Payá, 9
galeria@luisapita.com
625 342 065
www.luisapita.com

Visita a obra en: Xeneral Pardiñas, 11