Quatrium Inmobiliaria
Javier de la Rosa Intervención artística en cristaleira Javier de la Rosa (Sevilla, 1966) combina as súas facetas como ilustrador, deseñador e artista. Convídanos cos seus xogos de palabras para observar e descubrir a súa capacidade de suxerir e moverse. O traballo de...
Jael Joyería
Olmo Blanco Intervención artística na cristaleira Pablo Barreiro S./T. Series Columnas e Empilhamentos Rakú, Gres, porcelana 2012_2018 Olmo Blanco (Santiago de Compostela, 1982) é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e co-director do FAC Peregrina,...
Joyería Isabel Suárez
Xurxo Martiño Sinte, en terra firme, a ondulación do mar Técnica mixta sobre madeira 60 x 166 cm 2019 O sino de Xurxo Martiño leva anos escribíndose sobre unha tea, unha táboa ou un simple papel; leva anos, tamén, resolvéndose cun discurso coherente no que aprehende...
Intervencións artísticas
Arte en vivo nas cristaleiras dos escaparates
9 decembro 2019_11 h
Artista: OLMO BLANCO
Lugar: Joyería Jael_Xeneral Pardiñas, 6
9 decembro 2019_17 h
Artista: MANUEL EIRÍS
Lugar: Tintorería España_San Pedro de Mezonzo, 3
10 decembro 2019_11 h
Artista: LÚA GÁNDARA
Lugar: Teté Niños_Montero Ríos, 16
10 decembro 2019_17 h
Artista: JAVIER DE LA ROSA
Lugar: Quatrium Inmobiliaria_Xeneral Padiñas, 10
11 decembro 2019_11 h
Artista: ALINA GRANADOS
Lugar: Óptica Tábora_República do Salvador, 12
12 decembro 2019_11 h
Artista: HAYA BLANCO
Lugar: Frutería Entrenaranjos_República Arxentina, 18
12 decembro 2019_17 h
Artista: SANTI JIMÉNEZ
Lugar: O Colmado da Vila_Alfredo Brañas, 6
13 decembro 2019_11 h
Artista: EDU ALBO
Lugar: Papelería Xaquín. Rúa Nova de Abaixo, 14
13 decembro 2019_11 h
Artista: DAVID PLANAS
Lugar: Aeroclub_Xeneral Pardiñas, 34
OBRADOIROS PARA FAMILIAS
Impartidos por recoñecidos artistas no Centro Cívico do Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, 16)
Actividades de balde. Inscrición previa chamando ao 981 543 001 ou presencialmente no Centro Cívico do Ensanche.
Data: 26 decembro 2019
Hora: 18 a 20h
Título: De cerámica
Artista: PABLO BARREIRO
Prazas: 15
Idade: A partir de 10 anos
Tradición e contemporaneidade. A cerámica é unha técnica que forma parte da historia, de diferentes épocas e sociedades, pero tamén de proxectos contemporáneos nos eidos da arte ou o deseño. Pablo Barreiro introduciranos neste apaixoante mundo experimentando e creando coas nosas mans.
Data: 28 decembro 2019
Hora: 18 a 20 h
Título: Mira e representa
Artista: XURXO MARTIÑO
Prazas: 15
Idade: A partir de 10 anos
Exploraremos as diferentes miradas sobre un mesmo obxeto ou imaxe e experimentaremos da man do coñecido artista Xurxo Martiño as diferentes formas de representación do modelo, desde a máis fiel á realidade ata a máis libre e subxectiva.
Data: 2 xaneiro 2020
Hora: 18 a 20 h
Título: Nada sobra. Nada falta.
Artista: SEBAS ANXO
Prazas: 15
Idade: A partir de 10 anos
Cortar, manchar, pintar, rachar, pegar, ensamblar, desfacer… Partimos do caos buscando a certeza, o equilibrio, onde a mirada repousa, onde nada sobra e onde nada falta. O artista Sebas Anxo, mestre do collage e a pintura, será o encargado de guiarnos ao través dunha experiencia lúdica á procura da composición ideal.
Data: 4 xaneiro 2020
Hora: 18 a 20 h
Título: Escultura simple
Artista: DAVID PLANAS
Prazas: 15
Idade: A partir de 6 anos
Escultura simple iníciate no mundo da tridimensionalidade mediante o modelado coas mans. Neste obradoiro, dirixido polo artista David Planas, descubriremos as posibilidades das arcillas rápidas de cocción en fornos de baixa temperatura, coas que poderemos levar á terceira dimensión esa marabillosa idea que nos ronda pola cachola.
VISITAS GUIADAS
PASEARTE
Goza dun percorrido guiado á procura das obras de arte expostas nos escaparates.
Datas: 13, 18, 20 e 27 de decembro de 2019 e 2 e 4 de xaneiro de 2020
Hora: 18 h. Duración aproximada: 1 hora
Saídas: Galería METRO: Xeneral Pardiñas, 12-16, Local 14
Inscrición previa en pasearte@santiagocentro.gal ou chamando ao 649 610 287
Horarios especiais para grupos: concertar con anterioridade.
IMOS DE GALERÍAS
Visita guiada ás galerías de arte da cidade.
Sábado 21 de decembro de 2019 as 18 h. Duración aproximada: 2 horas.
Percorrido: Galería METRO_Galería LUISA PITA_Galería NORDËS_Galería TRINTA
Inscrición previa en pasearte@santiagocentro.gal ou chamando ao 649 610 287
DE PASEO AO CGAC
Colaboración Centro Galego de Arte Contemporánea – PASEARTE
Talleres de Nadal
Son eu?
Data: sábado 21 decembro de 2019
De 11 a 13 h_Nenos e nenas de 4 a 6 anos_Prazas: 15
De 17 a 19 h_Nenos e nenas de 7 a 9 anos_Prazas: 15
Viaxe espacial
Data: domingo 22 de decembro de 2019
De 11 a 13 h_Nenos e nenas de 4 a 6 anos_Prazas: 15
De 17 a 19 h_Nenos e nenas de 7 a 9 anos_Prazas: 15
Visitas guiadas
– Ás exposicións do CGAC
Sábado 21 de decembro de 2019. Ás 12 h e ás 18 h. Duración aproxi.: 1 hora.
– Á arquitectura e historia do CGAC
Domingo 22 de decembro de 2019 ás 12 h.
Inscrición previa en cgac.educacion@xunta.gal