Óptica Tábora República do Salvador

Alina Granados
Xogo óptico_Homenaxe a Josef Albers
Intervención artística na cristaleira

Alina Granados (A Coruña, 1966) afronta un proceso creativo eminentemente físico, no que as mans son os únicos pinceis que usa. O seu traballo é marcadamente experimental, mostrando unha forte influencia da abstracción americana e inglesa e da pintura romántica alemá, e bebe do traballo de artistas como William Turner, Caspar David Friedrich, Mark Rothko e Jackson Pollock, entre outros. Xorde cando se coloca ante un lenzo en branco, de forma espontánea, sen bosquexos previos, cando as mans espallan pintura e materia, que algunhas das obras elimina lentamente usando aceites e sosa cáustica, como un traballo de arqueólogo, revelando o que realmente lle interesa.

Alina Granados, formouse en filoloxía hispánica e galego-portuguesa e especializuse en técnicas de volume na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña. Colabora escribindo sobre arte na revista Anatomía da historia, mantendo o seu propio blog Comprenderelarte.

Galería Metro
Xeneral Pardiñas, 12-16, Local 14
info@galeriametro.com 649 610 287
www.galeriametro.com

Rúa República do Salvador, 12

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *