Raúl Álvarez. Tropical / Mar

óleo sobre lenzo

60×60 cm

700 €

óleo sobre lenzo

40×30 cm

450 €

O artista madrileño Raúl Álvarez reside na Coruña e é Técnico Superior en Artes Plásticas. A súa formación artística é case autodidacta e participa na súa primeira exposición colectiva aos 15 anos no Salón de Exposicións da Caja Rural de Toledo, onde adquiren o seu traballo para a súa pinacoteca. A primeira exposición individual foi no 2009 e desde entón expuxo individualmente e colectivamente a nivel nacional. Entre os seus premios atópanse o Primeiro Premio na X Bienal do Eixo Atlántico (Galicia-Portugal), o Premio do Público na XXXIII Exposición de Arte Joven de La Rioja, finalista no Jackson Open Art Prize de Londres e varias adquisicións e seleccións en concursos a nivel nacional. O seu traballo está en institucións como a Deputación da Coruña, Concello de Culleredo, Colección de Arte Sargadelos, Colección de arte Eixo Atlántico, Pinacoteca Caja Rural de Toledo, etc. e en coleccións privadas en varios países.

Galería Federica no era Tonta
Rúa do Vilar nº48
galeria@federicanoeratonta.com · 609 822 441
www.federicanoeratonta.com

Rúa San Pedro de Mezonzo, 28