Lara Pintos. Serie Habitats plata. III

Óleo sobre lenzo

92x73cm

1.500

A formación artística de Lara Pintos comeza na EASD Pablo Picasso na Coruña, onde se titula en Ilustración, comezando a realizar os seus propios proxectos expositivos e colaboracións editoriais. Cunha bolsa da Fundación Antonio Gala para creadores novos en Córdoba realizou o seu proxecto multidisciplinar Recuerdos de una silla, que exhibiu na Fundación Tres Culturas de Sevilla e despois nas galerías Sargadelos da Coruña e Ferrol. Entre outros, recibiu o primeiro premio nos concursos Xuventude Crea e Os sons de Galicia. O seu traballo pódese atopar en coleccións que van desde a Xunta de Galicia ou a Galería Sargadelos de Ferrol ata a Fundación Antonio Gala, a Universidad Complutense de Madrid ou The Working Proof en Nova York.

Galería Federica no era Tonta
Rúa do Vilar nº48
galeria@federicanoeratonta.com · 609 822 441
www.federicanoeratonta.com

Rúa Xeneral Pardiñas, 40