Santi Jiménez
Intervención artística na cristaleira

Santi Jiménez é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e técnico superior Deseño e Artes Gráficas pola Escola Carrier. A súa carreira artística inclúe premios como un accésit no IV premio de novos artistas no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) ou o primeiro premio Máximo Ramos no V Concurso Internacional de Artes Plásticas (Ferrol). O seu traballo percorreu distintas cidades e países como Madrid, Lisboa, Berlín, A Habana ou San Luis de Potosí (México). Aínda que no seu inicio artístico centrouse na fotografía eo collage fotográfico dixital, evolucionou posteriormente cara ao debuxo. Este caracterízase polo uso da tecnoloxía dixital e unha marcada influencia de cine, cómics e publicidade.

Galería Metro
Xeneral Pardiñas, 12-16, Local 14
info@galeriametro.com 649 610 287
www.galeriametro.com

Alfredo Brañas, 6