Pierre L Gendelhuys
Verde e Azul
Teselación. Seda salvaxe e leds
50 X 50 cm/u
2019

Pierre Louis Geldenhuys (Sudáfrica, 1971) fai pezas de origami téxtil en caixas de luz con «tesselación» como un elemento clave para o desenvolvemento das súas obras. A teselación é unha técnica na que se usa un patrón repetitivo de figuras xeométricas ordenadas de forma continua e sen espazos entre elas. Traballando primeiro sobre o papel e, a continuación, en tecidos de seda, o artista utiliza as formas xeométricas do triángulo equilátero, cadrado e hexágonoo e regular para crear e configurar traballos de origami téxtiles que parecen imposibles de realizar pola súa gran complexidade.

Pierre Luis Geldenhuys é deseñador de alta costura e artista téxtil, licenciado en Arte e Deseño de Moda na Tswane University of Technology en Pretoria e Cape Peninsula University of Technology en Cidade do Cabo. Reside entre Madrid e Valencia.

Galería Luisa Pita
Calle Cardenal Payá, 9
galeria@luisapita.com 625 342 065
www.luisapita.com

Rúa Xeneral Pardiñas, 13