Felipe Ortega Regalado

El vínculo. Tinta sobre papel de arroz 166×97 cm. 2017

Felipe Ortega Regalado (Cáceres 1972) vive e traballa en Sevilla. Na actualidade adícase a investigar as posibilidades do mundo plástico dentro dun paradigma eminentemente poético, vinculando textos ás súas imaxes que abren portas á reflexión persoal, co obxectivo de resolver problemas emocionais atascados, xa sexan por factores sistémicos ou de personalidade. A intención da súa obra é convertela nunha catapulta que conduza ao espectador cara á súa propia observación. A materialización ou “desmaterialización” da arte como porta de entrada á experiencia creativa do Ser. A súa vocación de artista e poeta combínase coa labor terapéutica, pedagóxica e didáctica, á que se dedica dende 2005, impartindo charlas, obradoiros e conferencias sobre a expansión da creatividade, a meditación e a liberdade que lle outorga.

Galería Luisa Pita
Calle Cardenal Payá, 9
galeria@luisapita.com
625 342 065
www.luisapita.com

Visita a obra en: República do Salvador, 4