Nacho Zubelzu

Transhumancia. Papel recortado sobre tela. 103×103 cm. 2020

Nacho Zubelzu (Reinosa, Cantabria, 1966) é un artista plástico, cuxa obra está ligada á natureza. Esa fascinación que produce a tradición e o medio natural reflíctese en debuxos, pinturas, fotografías, esculturas, instalacións de gran formato ou performances. Traballa con gran variedade de materiais, dende o papel, pasando por pétalos, plásticos, ósos, raios X ou metacrilato, aceiro e chumbo. Os seus vínculos coa terra son os dun artista que integra a linguaxe da memoria, a antropoloxía e a estética. O que caracteriza o seu traballo é a diversidade creativa, desde puntos de vista e perspectivas ata materiais e xeografías. Transita coa mesma lucidez por debuxos da natureza que por composicións sobre papel que reproducen o tránsito dos rabaños de ovellas durante a transhumancia. A súa é unha topografía de paisaxes interiorizadas, trazos insinuados, fotografías, colaxes e instalacións.

Galería Metro
Xeneral Pardiñas, 12-16, Local 14
info@galeriametro.com 649 610 287
www.galeriametro.com

Visita a obra en: Rúa Nova de Abaixo, 14