Alejandra Atarés. Japonesa roja
Óleo e acrílico sobre liño
114 x 146 cm. 2017
De fronte, pola vida e polas súas continxencias, na arte, na súa conquista da luz. De costas, no seu ícono, nas súas imaxes, porque sempre pinta figuras femininas de costas, con teas estampadas, colorista, entre pop e primavera, entre luminosa e iluminada, entre lúdica e fonda, entre clásica e de mañá, Alejandra Atarés (Zaragoza, 1987) estudou Belas Artes na Universidade de Barcelona, ampliou coñecementos en Bristol e profundou en Arte e Deseño no Massachusetts College. Empezou a expoñer no 2009 e participou en varias colectivas e catro individuais, en Barcelona. Tamén pasou polas feiras Art Karlsruhe, Art Madrid e SWAB.
Galería Luisa Pita
Calle Cardenal Payá, 9
galeria@luisapita.com 625 342 065
www.luisapita.com