Julia Huete
Fregene
Bordado sobre algodón
245×160 cm.
2019
Mariana Álvarez
África
Técnica mixta sobre madeira
130 X 110 cm
2019
Antonio Murado
S/T
Óleo sobre lenzo
92×122 cm
2000
Julia Huete (Ourense, 1990) actualmente vive en Italia, tras recibir unha das bolsas de residencia para creadores da Real Academia de España en Roma (RAER) 2018-2019. O seu traballo céntrase na abstracción no campo da pintura e do debuxo utilizando varias técnicas do collage ata, sobre todo, os bordados, que se utilizan para aumentar o carácter expresivo das pezas. Son composicións simples nas que cuestións como o equilibrio entre os pesos compositivos, a lírica formal e a poética dos materiais son o medio e o centro da mensaxe. Cunha intención estética e baseada en formas elementais, crea composicións con figuras orgánicas e xeométricas. As obras desenvólvense nun proceso que oscila entre a planificación e o azar. As súas principais influencias, ademais da pintura abstracta, están na poesía, que moitas veces dá título ás súas obras e ou exposicións e ata dan forma aos proxectos na súa totalidade. O seu traballo foi seleccionado en certames artísticos como: Novos Valores (Pontevedra), Premio de Auditorio de Galicia en Santiago, Concurso de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, Concurso da Deputación de Ourense ou o XV Exposición de Arte de Naturgy (MAC, A Coruña).
Para máis información:
https://galerianordes.com/es/exposiciones/2018/sobre-el-pajaro-y-la-red
https://galerianordes.com/es/artistas/julia-huete
Galería Nordés
Rúa Algalia de Abaixo 39, baixo
info@galerianordes.com
881 126 446 / 658 044 711
www.galerianordes.com
ANA PÉREZ VENTURA (Santiago de Compostela,1981) compaxina a súa actividade plástica coa musical, mantendo entre elas unha relación de proximidade. Formada en Belas Artes nas Universidades de Vigo e Barcelona e en Música nos conservatorios de Vigo e Ámsterdam, no ano 2009 realizou un máster na Sorbona sobre as relacións entre ambas as disciplinas e desde entón reside en París, investigando sobre as posibilidades da interacción entre artes visuais e música, coa repetición como recurso fundamental.
A súa propia experiencia como pianista e os exercicios de repetición, que realiza diariamente como base da súa rutina para perfeccionar o dominio do instrumento, servíronlle de base para crear unha obra que xa foi premiada co Artension e con bolsas da Fundación Barrié de la Maza ou a da Fundación Segundo Gil Dávila. Tamén participou no II Encontro de Artistas Novos na Cidade da Cultura de Galicia, presentou mostras individuais no Colexio de España en París e nas galerías parisienses H Gallery, Artemper e Point Dourei. Tamén participou en colectivas no Château da Veyrie de Bernin, Abstract Projet, o Parc Floral, a Galerie Sisso, a Politécnica de Valencia ou o Guoyi Art Museum.
Galería Metro
Xeneral Pardiñas, 12-16, Local 14
info@galeriametro.com 649 610 287
www.galeriametro.com
A obra de Mariana Álvarez ten un forte contido social. Fálanos de vidas difíciles, e quere que nos fixemos nelas, que non pasemos de longo. Obríganos a mirar, pero sen acritude. De feito, e aínda que nos estea mostrando a miseria e a escaseza, sempre deixa unha porta aberta á beleza. Os seus cadros son un retrato da diversidade humana e da vida cotiá. Isto apréciase na súa naturalidade: son reflexo do día a dí . Neles, as propias persoas falan, contan a súa historia, feliz moitas veces, a pesar da súa pobreza.
Galería Luisa Pita
Calle Cardenal Payá, 9
galeria@luisapita.com 625 342 065
www.luisapita.com
Antonio Murado (Lugo, 1964) é un pintor e escultor galego que reside dende 1996 en New York. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, formando parte da primeira promoción desta facultade e habéndose convertido na actualidade nun dos artistas máis recoñecidos da súa xeración. Este artista reflexa e explora o seu propio interés pola natureza a través dos propios materiais, creando paisaxes e flores nas súas obras. Utiliza a técnica para crear superficies e profundidade. No seu traballo non distingue entre a figuración e a abstracción, construíndo nos seus cadros esencias indefinidas e atemporais.
Galería Trinta
Rúa Virxe da Cerca, 24
15703 Santiago de Compostela
trinta@trinta.net
www.trinta.net
Rúa da Rosa, 23