22 DECEMBRO
Impartido por Din Matamoro_Galería TRINTA
Familias. Máximo 15 persoas.
CSC Ensanche 18 a 20 h
Actividade interactiva, orientada a público familiar na que os rapaces poderán construír cos pais un monstro imaxinado. A partir dunha figura sen forma crearemos un monstro simpático e personalizado, con formas que se irán combinando para lograr unha caricatura amable do que en principio podería dar medo.
Inscrición previa no Centro Cívico do Ensanche (981 54 30 01).
26 DECEMBRO
Impartido por El Negrito Cimarrón (David Planas)_Galería LUISA PITA
Familias. Máximo 15 persoas.
CSC Ensanche 18 a 20 h
TÍTULO: Procesos creativos na execución dunha obra de arte
Este taller pretende deixar ao descuberto cada un dos procesos que interveñen na elaboración dun obxecto artístico, ou como concibir unha obra de arte e as partes fundamentais que compoñen a súa elaboración: proxecto, deseño, formato, materiais e mesmo o tempo de execución. O taller dividirase en dous partes:
-Teórica: abordará a visualización dalgunha obra do artista cunha explicación de como levou a cabo desde o inicio en forma de idea, pasando polos bosquexos e así ata a súa culminación. Diferenza entre crear un obxecto de carácter creativo e un obxecto con carácter artístico.
– Práctica: consistirá na realización de diferentes exercicios coa fin de materializar plásticamente o discurso aprendido, para iso facilitásenselle os materiais necesarios aos participantes.
Inscrición previa no Centro Cívico do Ensanche (981 54 30 01).
28 DECEMBRO
Impartido por Haya Blanco_Galería METRO
Familias. Máximo 15 persoas.
CSC Ensanche 18 a 20 h
TÍTULO: Pintando sobre téxtil
Neste obradoiro experimentaremos como plasmar os nosos deseños sobre unha prenda branca de algodón. Unha actividade divertida e diferente, onde a creatividade non terá límites, utilizando tintas de serigrafía feitas para resistir lavados e pranchados. Os asistentes levarán unha prenda branca para pintar nela, pode ser unha camiseta, un pixama ou calquera outra que logo poderán usar ou regalar.
Inscrición previa no Centro Cívico do Ensanche (981 54 30 01).
2 XANEIRO
Impartido por Rosendo Cid_Galería NORDÉS
Familias. Máximo 15 persoas.
CSC Ensanche 18 a 20 h
TÍTULO: Que é realmente un collage?
Taller no que se tratará de determinar, a partir dunha visualización
e análise de traballos do propio artista, ademais de traballos alleos, que dita técnica é máis ampla, complexa e máis común do que parece, finalizando nun traballo práctico que se lle exporá aos participantes. O taller estará dividido en tres partes principais.
1: Presentación visual onde se analizarán algúns traballos daqueles artistas relacionados coa colaxe, incluíndo ademais traballos propios, e onde o autor falará de como afronta, traballa e entende o concepto de colaxe.
2. Formulación dun exercicio no que cada participante partirá de materiais que se lles facilitarán.
3. Análise e comentarios dos traballos realizados.
Inscrición previa no Centro Cívico do Ensanche (981 54 30 01).
4 XANEIRO
Impartido por Santi Jiménez_Galería Federica No Era Tonta
Familias. Máximo 15 persoas.
CSC Ensanche 18 a 20 h
TÍTULO: De pequeno a grande
Non sempre son os pequenos os que aprenden dos maiores. Trátase dun obradoiro moi divertido no que os máis pequenos serán os que “ensinen” a debuxar aos adultos.
Inscrición previa no Centro Cívico do Ensanche (981 54 30 01).